Política de Calidade e Xestión Ambiental
A Calidade e o respeto polo Medio Ambiente nos procesos desenvoltos na AXENCIA INMOBILIARIA DO RÍO E P., S.L. para a administración de fincas, xestión de comunidades de propietarios, alugueres e ventas de fincas, e nos aspectos e impactos xerados pola empresa, forma parte importante nas decisións da Xerencia da AXENCIA INMOBILIARIA DO RÍO E P., S.L. Polo tanto, existe unha Política de Calidade e Xestión Ambiental baseada nas seguintes directrices:
- Promover a mellora continua das actividades e servizos no ámbito da sua relación coa Calidade e o Medio Ambiente, evaluándose por anticipado as repercusións de calquera novo desenvolvemento sobre estas variables.
- Demostrar ós nosos clientes actuais e potencias a nosa capacidade para ofrecer uns productos e servizos sempre conformes coa calidade requerida e froito dunha xestión ambiental adecuada, que teñen como finalidade a prevención da contaminación asociada ós nosos aspectos e impactos ambientais, como a contaminación acústica, a xeración de emisións atmosféricas, de residuos, os vertidos ás augas …. Así, serán evaluados co obxecto de previlos, eliminalos e reducilos ó mínimo, facendo un uso adecuado dos recursos naturais.
- Cumprir en todo momento as esixencias da lexislación e a normativa vixente que lle sexa de aplicación á nosa organización, con especial interese no cumprimento da lexislación e normativa ambiental no ámbito internacional, estatal, autonómico e local, así como tódolos requisitos en materia de medio ambiente suscritos pola nosa organización.
- Fomentar a comunicación e cooperación cos traballadores e proveedores para que se alcancen tódolos obxetivos marcados e os clientes reciban a mellor atención e servizo pola nosa parte. Prestarase especial atención ás inquetudes dos traballadores, proveedores, clientes ou demáis partes interesadas en materia de medio ambiente.
- Adoptar todas aquelas medidas que entren dentro das posibilidades da empresa para a prevención de accidentes que poidan ter repercusións para a saúde humana e o medio ambiente.
- Desenrolar un Sistema de Xestión da Calidade e Xestión Ambiental de acordo coas normas UNE-EN-ISO 9001:2008 e UNE-EN-ISO 14001:2004, como un mecanismo sistemático que asegure a calidade e o compromiso medioambiental dos procesos da organización.
- Documentar, revisar, actualizar e comunicar o noso compromiso co medio ambiente.
- A Política proporciona o marco de referencia para establecer e revisar os obxetivos e as metas de Calidade e Xestión Ambiental.