Ocupámonos de resolver tódalas necesidades que teñen as Comunidades, evitandolle ós Presidentes e ós propietarios preocupacións e obrigas das que no son responsables. O Presidente non é o porteiro do edificio.
Temos un equipo de profesionais cualificado: avogados, economistas, administradores de fincas, técnicos en administración, etc. capaces de atender e resolver as necesidades das Comunidades de Propietarios.
Servizo 24 horas os 365 días do ano para atender as urxencias de maneira inmediata, solucionándoas na maior brevidade e os demáis avisos coa rapidez que o caso o requira, respondendo así ás necesidades dos propietarios.
Xestión económica adaptada ó Plan Xeral Contable vixente, levando as contas ó día, presentación de balances e outros informes económicos de maneira totalmente transparente, convocatoria anual da Asemblea Xeral Ordinaria coa liquidación das contas e presentación do presuposto coa previsión de gastos e ingresos, para que os propietarios tomen as decisións oportunas.
As contas bancarias son de titularidad das Comunidades, figurando cómo autorizados os membros da Xunta Directiva que se acorde.
Ante o volumen de Comunidades que xestionamos, conseguimos inmellorables condicións cos proveedores, como ejemplo nalgunhas entidades bancarias non cobran gastos de emisión de recibos ós propietarios.
No último ano máis de 330.000,00 € xestionados en subvencións para obras nas Comunidades, a través do Instituto Galego de Enerxía (INEGA) e do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
Liquidación anual das cotas ós propietarios morosos na Asemblea Xeral e posterior comunicación ó interesado. Parte á compañía de seguros, se ten esta cobertura, para a tramitación do xuicio monitorio. Se non o cubre o seguro, o noso equipo de avogados pode xestionarlle esta reclamación, previa autorización da asemblea xeral.
Servizo de mantemento e revisión periódica das instalacións comunitarias, para prever posibles averías e abaratar os custes de reparación das mesmas.