CONTACTO

SANTIAGO
981 563 907
SIGÜEIRO
981 691 512
ORDES
881 981 802

¿Quenes somos?

Dende o ano 1992 adicámonos á xestión das Comunidades de Propietarios e á intermediación de alquileres e ventas. A día de hoxe, administramos en Comunidades de Propietarios máis de 5.800 viviendas e locais comercias, así como unhas 5.300 plazas de garaxe. Na xestión de alquileres ocupámonos de máis de 150 vivendas, entre elas as de varios xogadores do Obradoiro CAB e do Santiago Futsal, ademáis doutras familias de traballadores, estudantes, etc.

Na actualidade a empresa está composta por un equipo de 11 traballadores fixos en plantilla, e 2 profesionais independentes; titulados en dereito, económicas e empresariais, relacións laborais, administración de fincas e técnicos en administración, con capacitación suficiente para atender as necesidades das Comunidades de Propietarios e dos arrendadores e arrendatarios.

Dispoñemos dun servizo de ATENCIÓN TELÉFONICA 24 HORAS PARA AVARÍAS URXENTES: Chamando a calquera dos teléfonos das nosas oficinas poden deixar o aviso no contestador, e no caso dunha AVARÍA URXENTE (auga, electricidade, gas, ascensores, etc.) daráselle solución o antes posible. Tamén poden deixar avisos non urxentes, suxerencias, queixas, preguntas ou solicitudes sobre calquera tema que precise axuda, no correo electrónico: axenciadorio@axenciadorio.com.

Sinalar que os arrendadores e as Comunidades de Propietarios que xestionamos, teñen a súa disposición un servizo consulta xurídica sen custe algún. Tamén é extensible ós propietarios que as integran e os arrendatarios, as consultas serán sempre nas oficinas da Axencia.

Estamos en fase de implantación dun servizo de mantemento e revisión periódica das instalacións comunitarias, para preveer posibles avarías e abaratar os custes de reparacións das mesmas.

Por último, informarlles que as nosas xestións están garantidas mediante unha póliza de seguro de responsabilidade civil contratada coa compañía MAPFRE cunha cobertura de 600.000,00 €.