CONTACTO

SANTIAGO
981 563 907
SIGÜEIRO
981 691 512
ORDES
881 981 802

AXENCIA DO RÍO dispón dun equipo de tres avogados para unha adecuada xestión dos temas xudiciais da súa comunidade o de seu aluguer.

A nosa primeira opción é mediar entre as partes para tratar de atopar unha solución amistosa a cada un dos problemas que poidan surxir no día a día das Comunidades de Propietarios e nas relacións entre os arrendadores e arrendatarios. A experiencia de todos estos anos demóstranos que con un asesoramento profesional se evitan unha gran porcentaxe de conflictos, de vital importancia para a convivencia diaria dos comuneiros.

Se a pesar da mediación o problema persiste, o mencionado equipo encargarase de asesorarlle para o inicio do proceso pertinente: reclamación de cotas a propietarios morosos coas comunidades ou rendas a inquilinos, así como as reclamacións civis que poidan ser necesarias, ou se fose do seu interese, tramitar a demanda oportuna ante o xulgado.

Ademáis dos servizos mencionados, tamén lles ofrecemos a tódolos propietarios das Comunidades das que somos administradores e ós propietarios e inquilinos dos que xestionamos os alugueres, unha consulta verbal gratuita cos nosos Asesores Xurídicos ou co noso Asesor Laboral, referente a calquera tema particular que lles poida interesar, sempre mediante cita previa e nos seguintes horarios:

OFICINA                          Santiago                                                   Sigüeiro                                                       Ordes


DÍA DA SEMANA             Luns-Martes-Mércoles                        Luns-Mércoles                                            Xoves


HORARIO                        De 17,00 H. a 19,00 H.                          De 17,00 H. a 19,00 H.                                  De 18,30 H. a 19,30 H.