CONTACTO

SANTIAGO
981 563 907
SIGÜEIRO
981 691 512
ORDES
881 981 802

AXENCIA DO RÍO ofrécelle os seguintes servizos, ¿o seu administrador tamén?

Ocupámonos de resolver tódalas necesidades que teñen as Comunidades, evitandolle ós Presidentes e ós propietarios preocupacións e obrigas das que no son responsables. O Presidente non é o porteiro do edificio.

Temos un equipo de profesionais cualificado: avogados, economistas, administradores de fincas, técnicos en administración, etc. capaces de atender e resolver as necesidades das Comunidades de Propietarios.

Servizo 24 horas os 365 días do ano para atender as urxencias de maneira inmediata, solucionándoas na maior brevidade e os demáis avisos coa rapidez que o caso o requira, respondendo así ás necesidades dos propietarios.

Xestión económica adaptada ó Plan Xeral Contable vixente, levando as contas ó día, presentación de balances e outros informes económicos de maneira totalmente transparente, convocatoria anual da Asemblea Xeral Ordinaria coa liquidación das contas e presentación do presuposto coa previsión de gastos e ingresos, para que os propietarios tomen as decisións oportunas.

As contas bancarias son de titularidad das Comunidades, figurando cómo autorizados os membros da Xunta Directiva que se acorde.

Ante o volumen de Comunidades que xestionamos, conseguimos inmellorables condicións cos proveedores, como ejemplo nalgunhas entidades bancarias non cobran gastos de emisión de recibos ós propietarios.

No último ano máis de 330.000,00 € xestionados en subvencións para obras nas Comunidades, a través do Instituto Galego de Enerxía (INEGA) e do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

Liquidación anual das cotas ós propietarios morosos na Asemblea Xeral e posterior comunicación ó interesado. Parte á compañía de seguros, se ten esta cobertura, para a tramitación do xuicio monitorio. Se non o cubre o seguro, o noso equipo de avogados pode xestionarlle esta reclamación, previa autorización da asemblea xeral.

Servizo de mantemento e revisión periódica das instalacións comunitarias, para prever posibles averías e abaratar os custes de reparación das mesmas.

 

¿Está interesado en que lle ofrezcamos un presuposto personalizado?

Datos presupuesto